Joe que marabilla como vai internet na ciutat. Comparado co rural galego, a unhas 200 veces máis rápido. Co relax que lle traio e entre wiis e paseos ca bici en plan guiri dame tempo de escribirlle unhas parrafadas celanovesas. A primeira reflexión vai sobre o maratón saudable do pasado finde gañado polo Retiro. O equipo máis consistente e máis convincente. Comezamos gañando 4-3 aos Anghelas de Juanins, Chinos, Banas e Robertos de Verea. Sen máis pena que gloria cumprimos coa estrea. O Manoliño non puido xogar por penssar que a cervexa de Xinzo non tiña alcool jeje. A clave veu o sábado á noite, contra ATL Feijoo. 3 a 2 con relativa comodidade e control do xogo. Espectaculares Carlos e Cabalar nun choque medio derby. O domingo, cuartos contra Bande ás 10 da mañá. Había que facer un esforzo e fíxose, 10 fulanos a esas horas sen cubalibres no corpo. Tremendo vindo do sábado de entroido. 3 a 1 contra uns de Bande correosos pero escasos de persoal pola regra singular do alcolismo. Chegaban as semis ás 3 e todo facía pensar en xogar contra Celanova Motor. Pero no partido de cuartos contra Sanguñedo, apareceron 5 e o Sierra deu así que pasaron os de Verea contra todo prognóstico. 6 a 1 nunha lección de concentración e unión.
Chegaba a final contra Play, equipo que nos tiña tomada a medida. Pero noon houbo lugar a unha nova decepción. O equipo, cun Carlos napoleónico, Cabalar baluarte e o resto en plan Espartano, deu unha lección de seriedade e de dalo todo. De non crerse inferior a ninguén. De defensa 3-1. De porteirazo Vellegho. De festa no vestiario. De ser os máis saudables.
600 eurazos, unha placa e moitas fotos é o legado do maratón teledirixido. Cun sorteo previo sospeitoso e unha decepción tremenda no Play. E unha sensación de unión ante un Play roto na final, un ATL desgastado, 3º e un Celanova Motor missing por burrería en cuartos, cando era o favorito para o triunfo final.
En fin, que a pesar das pegas que se lle poden por a toda organixación, gustoume a idea de que todo o mundo soplara e ogallá poidamos contar con este maratón cada ano. O Retiro intantará organizar outro en xuño, sen axudas públicas posiblemente, e proseguir co torneo de Nadal.
Pero despois do entroido hai vida, carallo se non. Volve a liga provincial e volvemos poder contar con Gele e Reza, vetados do maratón por non seren mancomunados, e Aitor, xa recuperado da lesión que nos impediu contar con el 2 meses. E volve o sábado ante Celanova Motor. Os varelas en busca do ascenso e o Retiro, a escapar da queima. Beariz gañou a Cortegada 8 a 7 e Barreras a Sobrado 5 a 1 nos atrasados entroidanos, polo que 3º pola cola está kanal kolor, con 16. Con 17, Cortegada e nós. 21 para Beariz e Barreras e 23 Pino. A salvación está carisima e rondará os 25 puntos mínimo.
Que vai pasar o sábado? Non o sei. Vai ser o 1º partido que me perda en toda a temporadda e non por curro, senon por andar de prea a 1000 km. Á hora do partido estarei volvendo de esquiar e logo vou ver o Espanyol-Madrid a Montjuic. Pero a cabeza estará posta no Picouto. No derby máis igualado. Ou iso esperemos. Celanova Motor levan moito xogando xuntos e teñen un equipazo pero o Retiro chega nun momentazo, con gañas e novas sensacións e estilo propio. Reforzado. Moito ollo. O lóxico sería un 2 na quiniela pero eu nn dubido que os de Ramirás somos doutra pasta. Estamos ante un equipo que non se rende. Iso queda claro.
Parlem amics. Sort pel dissabte. O presi está convosco.
jueves, 26 de febrero de 2009
ENTRE MARATONS SAUDABLES E SALVACIONS DESEXABLES
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario