jueves, 19 de febrero de 2009

DE ENTROIDOS E CRISES

Chega o entroido, tempo de risa, coña e carallada. Aínda que con menos cartos e máis imaxinación. Polo menos non sobe o prezo dos cubalibres. Nin baixan as gañas de pasalo ben. Que isto son 4 dias... e as eleccións galegas á volta da esquina. A quen votar? Aos de agora, mal. Horrible. Aos de antes, pfff nin pensalo. Mellor quedo cos colegas, disfrázome de rico... e voto en branco... ou en negro. Ou métolle un euro no sobre jajaja.

E o futsal germaaaaaan? Vale, vale, que queredes que vos conte. Non teño moito tempo, coma sempre ando a correr e queda todo a medio facer. A liga local de Celanova anda revolta e con aromas de sorpresa. O Play parece que asinou a defunción ante Acebedo (2-4) Non semella que o ATL Feijoo reforzado e con careta de Londres vaia regalar a vantaxe real de 4 puntos. Só un tropezo destes darían con outro final apoteósico na última xornada no choque polo título. Aposto porque así será, a historia está escrita para ese Play-ATL da última xornada. Toma nota, xa pasou igual o ano pasado, aínda que creo que este ano non vexo que os Luises, Gilbertos, Chapas, Toledos, Toños e cia se vaian derreter como fixo o Cacheiro hai 9 meses.

E por provincial que tal? Pois mellor, pero ca mosca carnavaleira detrás da orella. Sobrado e Pazos parecen sentenciados na loita por non descender. Os primeiros, levan 2 semanas sen xogar por impagos federativos. Os segundos, 6 míseros puntiños... Nin xogando con 6 cada partido que falta. E son 8...

Así que, amigos, aínda hai un disfraz de morte para o número 12... e esperemos que non sexa para o Retiro. a clasificación di 16 kanal kolor, 17 cortegada e retiro, 18 barreras e beariz, 23 porteliña e 25 corna. Para min, os candidatos serían Corna e Beariz polo que vin, pero incriblemente están sacando os partidos e a cousa pode quedar para Kanal Kolor ou Barreras, sempre que nós funcionemos. Beariz, que non perdoa na casa, recibe a Cortegada este sábado nun aprazado do 1º temporal e o que gane ten moito percorrido. E ollo cos amigos do Pino, a Porteliña, que non se fíen. Non vaia ser. Pijú arranxou os problemas burocráticos, así que máis vale salvarse no campo...

Que dicir da nosa segunda volta. Careta de felicidade. Venceuse a Kanal Kolor nunha auténtica final (6-2) de 4 pts, e barreuse en Cea a unha Corna "missing" (3-8). Chegou Beariz e trastocounos o triplete na estrea de Germán Reza. 6-8 no partido da súa vida do porteiro deles. Logo, aprazado (a xogar 19 de marzo) co Pino polo "amago" de temporal e 3 puntiños nos despachos polo tema Sobrado (3-0) É o que ten depender só da subvención de turno...

O pasado finde, por fin tocou unha de sorte, logo dunha temporada de "deus, como perdín eu este partido?" Empate valiosísimo en Verín (7-7), o 3º clasificado e con chavalitos boísimos. A primeira parte, de auténtica sesta. O mellor, o marcador, 4-2 ao descanso. Na 2ª, máis do mesmo ata o 6-3. Entón 2 minutos máxicos deron no 6-6 que foron unha pedra enorme para a moral locataria. O 7-7 final con gol de dobre penalty de Tapas deixounos o mellor sabor de boca... e 80 km. de volta. 4 de Súper-Cabalar, un de Carlos e outro de revulsivo VF (Vodafone non ten o copyright, é Victor Feijoo) fixeron o resto.

Este finde de carnaval déixanos o maratón de Celanova para botar unhas risas... e rascar para 1 cea se se dá o caso. A liga volve para a semana... co derby contra Celanova Motor, grande favorito a gañar a liga xunto con Chupito. Promete a cousa. Pero toca disfrutar, as fabas cócense contra Barreras, Cortegada e Pazos despois. Acabaremos, sen contar o aprazado do Pino, con Pijú-Parente, Chupito e Feás. Mamá, toca espabilar e deixar os deberes feitosss.

8 finais. Con 3 victorias deberia chegar, pero están tan caras... En fin, déixovos. Salú, forza no cú e duro co entroido. A pelotiña, deixaina para cando non esteades mazados... nin ca careta posta!

0 comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet