viernes, 17 de abril de 2009

¿Veo veo?. ¿ Que vés?.

Dende xa hai ben tempo ando con ganas de deixar un par de impresións nestes foros futsalisticos, pois ben, agora que a liga chega o seu fin creo que e o momento de plasmar nun par de liñas, non todo, pero si gran parte do que nos deixou o ano.

Comezamos o ano nunha nova categoría e creo que o Retiro tardou moito quizais demasiado en empezar a sumar, ben por falta de ritmo, por falta de experiencia, por o que fose en toda a primeira volta fomos meros espectadores, co comezo da segunda volta empezaron as vitorias fomos sumando puntos pero  ¿serán suficientes?

E ben curioso como este ano que me mantiven o marxe de crónicas, foros e radios fose o ano que mais se me votase en cara ou se nos recriminase que falabamos demais, que botabamos moito por fora, bendita cruz¡¡¡. Se realmente quixese falar ou botar por fora, os que me coñecen sabe que o faría, e que con razón ou sen ela non ia deixar titere con cabeza, pero claro eu lémbrome que cando era un cativo e facía algunha trasnada, case sempre, trataba de buscar algunha escusa pa que polo menos miña nai non me botase a bronca, inda que non me mirara moi ben se a escusa era boa e non me rifaban xa me valía.

Presentámonos no maratón Pablito saudable e con mais ou menos sorte, nos cruces e vetando despois a participación dalgún xogador, cal organizadores do torneo, como se dixo pola vila, ganamos, non unha copa,  600 €, euros saudables que moi saudablemente fundiremos en cubalibres pero saudables. ¡¡¡E menos mal que os que mexabamos fora do testo e botabamos por fora eramos nos¡¡¡¡

Pa min iso non deixou de ser unha mera anécdota, xa que o que realmente importaba era a liga, liga na que nunha semana colliamos forzas saiamos do descenso e driblabamos por uns momentos o trago amargo de caer no descenso. Así foron trascorrendo as semanas entre improvisadas lesións e sanción, atopámons ante a ultima carta a destapar. E agora si que non vale aquelo de si tivera un 5 de corazóns era escaleira.  Agora solo vale a vitoria, ante un rival complicado moi complicado e esperar que as verbas que xa hai tempo escoitei na vila veciña Cortegada,  “non me sae saír o campo a perder”  nos axuden a deixar o Retiro onde, por  o demostrado na segunda volta da competición, se merece.

Non me gustaría rematar esta crónica sen deixa unhas verbas de agradecemento a todas aquelas persoas que perderon un ratiño do seu tempo en virnos ver cando xogamos partidos na casa , foi unha pena que non vos puidésemos brindar algún triunfo mais.

E pa rematar direivos que en compensación o voso apoio, a directiva do Retiro en colaboración con algúns dos nosos patrocinadores principais, estamos a traballar para que antes de que remate o ano un equipo de división de honra visite o picouto. Vai por vos¡¡¡.

 

Julio Bellegho

2 comentarios:

Anónimo dijo...

No nos llegaba con los espabilados del sprinter que ahora los galácticos del retiro se dedican ha hacer el tonto

kefrén dijo...

By kefrén

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet