
Xa hai rivais. Aí os tendes. Nin se vos ocorra facer outra cousa este sábado pola tarde. Os cuartos están á volta de 50 minutiños de hostias cunha bola por medio. Con Play fóra por probaturas (ala cadaquén que opine, eu penso que foi forzarlle moito o feito de meter ao "Suso del Caño" na porta), Ermida pa' casa por avasallamento arbitral e Star e Sprinter tres cuartos do mesmo, quedan tres equipos de Celanova entre os 16 mellores da provincia. Ou desta copiña, polo menos. Mmmmmmmmm... que ricoooo ah ah ah ah copa copa copaaaaaaa!!!!
C.MOTOR-3 CUÑADOS. (Sab 18h, Celanova) Sen ningún tipo de dúbidas, o choque dos "motores" é o partidazo da xornada. O equipo valdeorrés visita o parqué celanovés xa en autonómica (tras só 2 derrotas en 26 encontros pola provincia) e sabéndose o favorito do cadro. Pero que non se fíe dos marcuchis, budis, lavados e cía. O conxunto patrocinado polo Varela acabou 6º pero coa sensación de deixarse ir ao final. Son un bloque (se van todos...) impresionante, un cóctel explosivo de técnica e futsal vertical que volve á cancha "local" tra-lo "exilio" de Outomuro. Se queres ver futsal do da tv, o máis parecido telo ás 6. Eu non mo perdo e poño un 1 na quiniela.
APLICARMETAL-CACHEIRO. (Sab, 18h. Cea) 28 equipos federados hai no Carballiño. Pois os mendas estes son, en teoría, os 3ºs peores. 19 pts. en 26 encontros. Onde está a metamorfose? O outro día gañaron ao 12º da local capitalina, 6-5. Eu non me fiaba, señores de amarelo. Partido con cheiro a Cea, sinónimo de pan e de partido áspero. Pero, se fan as cousas como acostuman, os de Outomuro estarán en cuartos, co seu típico 2-1 ou 3-1. Sorte para eles? Veremos, pero vaia copa se están mandando tras deixar a Bande, Madalena (flamante campión e equipazo da 3ª da cidade) e Dalton (12º do Carballiño). Estes últimos, fóra. Aposten polo motor diésel e constante do Cacheiro.
ATENEO-CASERÍO. (Sab, 19h. Cea) O oitavo da 2ª carballiñesa contra o 11º da provincial, que quedou a 5 pts. do descenso. A pesar do factor cancha, penso que toca 2. Pero a copa...
HNOS. CARRAL- CB. PINO. (Sab, 20h. Cea) 8º pero da 1ª do Carballiño contra 9º de provincial. Utópico que quede a eliminatoria na casa? O duelo entre verdugos (do Star e do Sprinter) promete. O 1º foi tuteado polo antepenúltimo de Celanova, os de provincial fixeron todo tipo de artimañas para estar aquí contra os 5ºs da vila de Curros. Os nosos, de sobresaliente. Eles andan no aprobado raspado. Só o gañador poderá aspirar a un bocado de gloria copeira.
FEÁS-MADERAS JAVIER PAZ. (Sab, 17h. Cea) Os cuartos da provincial (conxunto que quedou por riba do Londres e do C. Motor) ante os 6ºs da vila do Arenteiro. Na teoría, 1 fixo. Pero moito ollo. O Feás vén de sufrir diante dun zona media da 2ª local ourensá e os "madeireiros" deixaron fóra ao Cortegada fs, que se quedou polos pelos...en provincial. Amigos, o que entenda isto que mo explique.
CHUPITO-BEARIZ. (Sab, 21h. Carballeira) O caprichoso sorteo emparellou catro equipos de provincial entre si. Este é o duelo máis desigual. O subcampión fronte ao penúltimo. 36 pts. de diferenza na liga regular semellan insalvables para os do Ribeiro. Eu vinos contra a Ermida e racanearon ben. Ou cambian ben este sábado ou poden saír da Carballeira borrachos perdidos de tanto chupito...
SOBRADO-VERÍN. (Sab, 20h. Carballeira) O choque máis igualado da tarde.. sempre aparentemente. 7º contra 8º en provincial, 1 só puntiño de vantaxe local na liga. Os dous equipos veñen dunha rolda convulsa. Os do meu compi-míster maldeciron a lotería dos penaltis e acabaron celebrando o pase a golpe de despacho, en canto os de Monterrei parece que clasificaron "coa gorra" ao non se lles presentaren os Diablos Vermellos da 2ª local ourensá. Prognóstico reservado como din os médicos.
BAR O RETIRO-AREA 12. (Sab, 19h, Celanova) Que vou contar do partido que máis me quita o sono (aínda que durmo caralludamente) Era visto que nos ía tocar o único equipo de Xinzo. Tras acabar cos campións de Ourense e Carballiño, toca dar "candela" no último supervivente limiano. Xa comentei mil veces a mística que creo rodea a todo o que facemos nas nosas vidas. Tamén está aí a pelotiña. Entre a razón e a sorte. Sería ben curioso que quedaramos fóra de cuartos tra-las machadas anteriores, e co equipo máis "asequible". Pois é moi factible se o encontro non se toma coma unha final. Coma o último. A presión é nosa, pero isto non implica obriga de gañar. Só ilusión e confianza nun bloque que xa cumpriu co que o bombo da sorte lle arriscara. Tras ver un Francia-Italia (celanova motor e 3 cuñados), podedes decepcionarvos con este Polonia-Austria. Pero o premio é o mesmo... así que a por eles!!!
COPA DEPUTACIÓN... TAMÉN TEN OUTRO SABOR
miércoles, 28 de mayo de 2008
TRES CUÑADOS A PICAR METAL NA ÁREA. Este finde toca futsal do bo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario