

"Que che rillo un collón
non te me arrimes, maricón"
Resultados Oitavos de final Copa Deputación 07/08
SOBRADO-6 VERÍN-4
CHUPITO-5 BEARIZ-4
FEÁS-3 MADERAS JAVIER PAZ-1
APLICARMETAL-4 CACHEIRO-7
ATENEO-2 CASERÍO-5
HNOS.CARRAL-O C. BAR PINO-2
CELA.MOTOR-2 TRES CUÑADOS-7
BAR O RETIRO-2 AREA 12-1

Amigos lectores e sufridores, non me resisto: xa penso no sábado 7 de xuño. Quero analizar as peripecias do sábado pasado e a cabeza xa se me vai "p'adiante". Xa non miro atrás. Fervo. No día do meu cumple... os "fatídicos cuartos"!!!
Pero paso a paso. Vai resultar que a liga local de Celanova é como a Premier League, salvando as diferenzas. O Play gañou a liga, levou os trofeos de MVP e mellor porteiro (Luis e Zorrilla) e todo foron aplausos na cea de despedida da temporada mancomunada. E o Saeta, sacou o bronce e con Pablo a repetir pichichi. Na zona "Champions", o 2º Cacheiro, e o 4º, Retiro, tras serias decepcións locais (tras perder a liga na última xornada os 1ºs e ás portas do podio, os 2ºs) van e fan a mellor copa posible. SON/SOMOS OS ÚNICOS que resistimos á inercia "futsalística" de provincial. Como aquela que fai que o Madrid e o Barça lle gañen cos suplentes e ao paso ao Éibar ou ao Ferrol na copa. Que esaxerado este fulano, non? Diso nada. 6 "provinciales" e 2 equipóns de celanova, que chegaron aí con máis esforzo que sorte. Atrás catro eliminatorias e ducias de equipos na casiña, a pór a Euro no plus. Ninguén das vilas nin da "capi". Só azuis e amarelos fronte ao batallón provinciano. A aldea de Astérix contra as lexións de Roma.
A "Cela-league" só demostrou isto? O Star e o Sprinter mandáronse 3 roldas de luxo. O Ermida barreu en Xinzo. O Champi-Play botou ao "cuartofinalista fantasma" de Sobrado (perdoa se les isto Jose Carlos) na cancha e foise de festa nos despachos. E un longo etc. para alegrarse dunha liga a reverdecer vellos laureis máis dos 90 que do 2008.
Pero deixémonos de mística. Para Cacheiro e Retiro a gloria pode deixar paso á heroica. Non sei se hai precedentes, Presi Butra, nesta época de provincial vs. local. Os "rivais" do Arnoia, Outomuro-Ramirás, evolucionaron e redimen penas ligueiras cunha copa que ensalza os seus valores: sentido común, xogo en equipo e combinación intelixente por unha parte e furia, vento racheado e empuxe pola outra. Recuperaron os seus puntais (Peruano e Carlos) e aplicaron o mazo cos rivais. Bande, Madalena, Dalton e Aplicarmetal. Valenzá B, Kanal Kolor, Barreras Latas e Area 12 fóra. 3 campións quedaron na cuneta a mans do Chelsea e do Liverpool de Celanova.
As últimas pedras no camiño foron quizáis as máis sinxelas, en pleno descenso de montaña alpina. Ou chaira polo menos. O sorprendente Aplicarmetal de 2ª carballiñesa encontrou o Cacheiro en plan goleador. Os Area-12 de Xinzo, toparon un Retiro a medio gas, liado cos cambios e enfrentado cos paos (ata 4). Cabalar puña, enrabietado pola eliminación do seu Gomesende da copa futbolística, o 1-0 na primeira parte á sáida dun córner. Tamén facía o segundo, na segunda, á media volta. Os da Limia non inquietaran e de repente apareceu a "caridade" azul para dar vida ao partido. Regalito con orixe Acebedo (amigo Julio, a túa "depre" por non ser MVP dos porteiros só é culpa do equipo, incapaz de chegar con opcións ao final da liga e brindarche o teu merecido trofeo...) e dobre penalti con incertidume. Pero o destino quería os "Toniños" en cuartos. Non así aos "motores", que sen a columna vertebral, caíron a pés do ciclón dos cuñados, 2-7. Faltou sorte e xente para parar o posible campión de copa. Ala, xa analizaremos os cruces de cuartos. Moi posiblemente a xogar en Celanova. Pero que se anden con ollo os "profesionais" de provincial. As "aldeas" botáronse ao monte, lonxe da Mancomunidade e queren avidamente a un tal Paco Paz, sede da "Final Four" da Deputación´s cup. O 3-M ligueiro deixou paso ao 7-X copeiro. Bo día para recibir un cheque e unha "classifica" (que diría un italiano) con destino soño de verán. Esperan o 1º, 2º, 4º,7º,9º e 11º da "provi". Os cordeiros quedaron soíños na noite. Veremos que pel se poñen...
lunes, 2 de junio de 2008
LOBOS CON PEL DE CORDEIRO / Celanova por partida dobre entre os oito mellores
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario