martes, 27 de mayo de 2008

Comunicado Oficial Play F.S.

Ante a masiva de noticias cruzadas existentes nos diversos medios de difusión da liga local estou en disposición e autorización de explicar o acontecido a sábado 24 no pavillón de Celanova, no encontro que enfrontou o Play F.S. e o sobrado F.S.:

Unha vez coñecida o xoves o accidente/lesión do porteiro titular do Play F.S. (Luís Valado), a dirección do equipo, pa non aplazar o encontro, nin facer vir o equipo rival pa que se paseasen no parqué de Celanova, decidiu incluír na alienación un xogador (amigo do Zorrilla) que non contaba con ficha no play F.S. Irregularidade que tanto os árbitros como o equipo rival tiveron presente dende o mesmo comezo do partido, xa que o xogador en cuestión é Sotelo (actual porteiro do Melias e vello coñecido no mundo do futsal ourensán)

Ante todo a dirección do equipo pide desculpas por incorrer nesta irregularidade (consciente dela) a o equipo rival, acto que só xustifica coa "finalidade de probarse ante un equipo de meirande categoría".

En ningún momento foi un acto premeditado, xa que a opción de que Sotelo xogase o sábado co Play F.S. surxiu o propio sábado, xa que este o ser amigo do Zorrilla veuno acompañando ata o partido e optouse por esta opción.

Informacións posteriores o partido, dinos que "o equipo arbitral o darse conta da irregularidade tentou por todos os medios que o sobrado ganase o partido e non se ver na obriga de facer unha revisión de fichas que a posteriori suporá unha sanción para o Play F.S."

Inda que o Play F.S. ganou o partido no campo dita irregularidade suporá a eliminación automática da copa.

En palabras da dirección do equipo, "Esperamos que alomenos algún dos representantes de Celanova chegue a fase final da mesma. Sorte a todos"

0 comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet