lunes, 26 de mayo de 2008

BAR O RETIRO-1 (p.p) BARRERAS LATAS-1

"Cuartos" á vista... diñeiro ningún. / Ourense e Carballiño "retiran" aos seus campións da copa


Ao acabar o partido achegueime a desfasar por 3º día consecutivo ao boi. Andáballe o chikilikuatre montándoa na "Euroficción", xusto cando entrei a paparlle algo. Cantáballe aquelo de perrea, perrea e o xa mítico estribillo penso que era: 1. el valenzawn. 2. el kolorsito. 3. el latasjakson. Do 4 non me acordo. ¿Será o playcop, o cacheirocop... o chupitocop?
De traca. Toque quen toque en oitavos a copa retirista xa quedará para o recordo. En ningún momento da temporada vin o equipo tan unido, celebrando así unha victoria e axitando as toallas no vestiario. O grao de compromiso alcanzou o nivel extremo. A sorte parece que tamén é azul...¿que máis podemos pedir?

Comezarei polo principio. A mediados de semana, o "míster" do Sobrado, que a non ser que a Federación diga o contrario, quedou fóra a pés do Play, comentábame no traballo que os "Latas" (do Carballiño, campións con ben vantaxe este ano e próximos rivais nosos en 3ª rolda de copa tra-la machada do K. Kolor) era un conxunto aguerrido, que se enfrontaran a eles na copa do ano pasado e que se ocupaban máis de defender que de atacar. Vamos, o típico equipo "chupasangres" que te espera, que agarda o teu erro, que se agazapa en canto tu desesperas. O 1º que comentei nos momentos previos do encontro aos "heroes" de azul foi xustamente iso: "Coidadito que estes veñen especular". Algo que se volveu nun "polo carallo vamos ir a por eles. Queren catenazzio, terano" no tempo morto da 1ª parte. Si, si, o Retiro optou polo plan C: a lectura do partido. Algo descoñecido ata agora: o A , e ben comentado na liga local foi o de sesta+remontada e o B, o empregado contra Kolor, Play e cia; aquel de ir ao pescozo e logo aguantar, que "estes son coma "fuegos".

E semella que a lectura tivo final feliz. O equipo, axudado nos "5 magníficos" da Carballeira (cun sensacional Marcos na porta, Tapas e Carlos pechando estilo alemán e, Luis e Cabalar á pesca de erros "arenteiros") e complementado por un eficiente Pana, un renacido Félix e o "coitelo" Flequi, tivo a seriedade ata agora ignorada de Outubro a Abril. Creéuse grande e soubo adiantarse ao minuto da reanudación, tras un 0-0 inédito ao descanso, nunha picada soberbia de "Rummenigge" Tapas. A chave entrara na pechadura, a porta abriuse, pero só un pouquiño. Eles non se lanzaron en plan camicaze, nin moito menos. Esperaron a ocasión. Tiveron algunha, e tamén nós. Félix, Caba e Luis puideron sentenciar. Pero a falta de 3 minutos chegou o empate tras paradón de Marcos.

Noutra lección de psicoloxía, nin moito menos se descompuxo o equipo. Non chegou o 2-1, pero tampouco o 1-2. E tocou ruleta. Luis enchufouna, eles puñan o 1-1. Cabalar, ao pao. Bufff estamos fóra... pero eles tamén fallan! enorme Marcos. Carlos e Tapas puñan o 3-2... e o traveseiro, o pase a 1/8s. Festa local, lágrimas visitantes. Nin uns decepcionantes arbitros puideron cun epílogo que resultou mellor aínda que o prólogo que me anticipaba o compi-míster de Sobrado. Pero, haberá máis festa? Mías libro, máis páxinas de gloria? Tocamos teito? Esperemos que tras esta nova machada non nos quedemos fóra por confianza ante un rival menor... aínda que, estando entre os 16 mellores, hai alguén peor ca ti?? Por motivación ninguén nos bota. Agora, por concentración e psicoloxía, parece que menos. Amén.

0 comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet