jueves, 8 de mayo de 2008

C'EST FINI, ESTIVO BEN EN CANTO DUROU... A penúltima pataleta á liga 07-08

Alá por xaneiro acababa a primeira volta da nosa "difunta" liga e a min dábaseme por aportar unha serie de reflexións e vaticinios: como fora a cousa e o que faltaba por vir. Penso que non errei en case ningún prognóstico. Alá vai a penúltima análise. Se ves que te vas aburrir déixao aquí e vaite á páxina wweb do marca ou do interviu. Se non, a sufrir, coma min. Sempre estarás connosco, liga querida.

PARTE 1. LA CREME DE LA CREME

1. PLAY, 66 pts. O campión sempre merece un respecto, aínda que sexa perxurando polos baixos (Barçaaa) 12 de 12 na segunda volta, cunha demostración final de "5 estrelas" (Chechu, Fofi, Dani, Zorrilla e Luis), coma a birra. 8-3 ao Cacheiro na matraca final que xa se deixaba ver había meses. O equipo mancomunado perdeu 6 míseros puntos nas 26 xornadas, con Saeta e Bande. Na 2ª manga só o Retiro (clave esta victoria, mira ti, 6-5, remontando un 2-4 e 3-5) puxo apretos. Saeta e Bande foron sombras do que pasara na 1ª e o resto, toca e vaite. Sonaron contra Cacheiro as trompetas de final... e non foi tal. A liga durou o que tardou o Pablito en marcar certos números de teléfono. Ou o que tardou o Zorrilla en meter a quinta, sen esquecerse da primeira corta. Ou o que tardou Chechu en vir apagar outros lumes ao parqué. Ou o que tardou Luis en porse manga de provincial. Non houbo cor. Si, branca. E 135 goles, ben deles. As incógnitas está abertas para novos proxectos. O verán sacaranos de dúbidas. A primavera deixounos a copa na casa do organizador. A ver se vai gañar Suiza e Euro?

2. CACHEIRO, 64, pts. 33 pts na 1ª volta por 31 na 2ª. Números para quitarse o sombreiro, como aquelas 11 primeiras victorias. Que máis vou dicir dos de Outomuro. Pois que só un moi serio Play lles quitou o que quizáis por constancia, xogo en equipo e orde merecían. Se cadra o escaso banco e a "guadianística" desaparición das vacas sagradas no choque final acabaron por finiquitar as ansias de título amarelas. Propiamente na 2ª parte da liga non houbo moito a destacar. O empate cun loitador Bande e o vergallazo final. O resto foi un "gaño como, cando e onde quero". Ben, esto último igual non é moi adecuado dicilo cando o ideal sería xogar no Piño Vilachá sábado a sábado. Esta é a opción para o ano que vén se se consuma a renuncia dos "Pablo's men" e se concreta un proxecto gañador. Sumar dúas individualidades, mellorar a portería e, coma calquera, arrimar o ombro cando pinten bastos con Chupitos e cia debería bastar para darse unha merecida homenaxe pola provincia. Veremos, pero o feito na liga local queda aí. Chapeau.

3. SAETA, 55 pts. (28/27) Falaba alá polo post-nadal de indixestión referíndome ao baixón que pegara o equipo celanovés despois de 8 victorias. Tamén de "deixarse ir" ata Maio como opción para os de Ramón se as cousas non pintaban para loitar o título. Non sei que dicir agora. O bronce foi para os Saetas, únicos capaces de aguantar o "bipartidismo" ata pouco do final. As 3 derrotas foron contra o "tándem" de arriba e a "mosca-cojonera" do Retiro (2-3). O resto foron victorias sen excesiva brillantez e con algúns sustos, como o día da aparición de Luisiño "Outomuro" na Ermida (6-5) e mesmo o último día co Rokevi (4-3 con suicidio do roki-balboa e porteiro nos ratos libres dos "albaneis") En fin, non se deu a sensación de ser o equipo compacto doutros anos e o pichichi Pablo non estivo tan fino. Pero a solvencia e o "poso" de saber vencer aos que había que gañar deu o podio. O próximo ano toca novas ilusións tras esta especie de transición.

4. RETIRO, 53 pts. (26/27) Non me é fácil barallar do meu equipo. É a historia de sempre. Nunca es ecuánime. Corres o risco de porte nos extremos: forofista iluso ou encantador de cobras. Quizáis sempre tirei máis para a crítica, co ánimo de que a obxectividade aparecese na crónica. Que dicir. A 2ª volta, analizada friamente, déixanos 4ºs. Fracaso ou éxito? Debú triunfante? Desastre? Un pouco de todo. Gañando os 2 partidos a Saeta e sen esquecerse dos benditos 4 pts. do papel, alá por Outubro, ademais do "Rokevinazo" (única derrota estrana nesta 2ª volta, 2-3), a cousa era para un bronce solvente, apurando as opcións de título. A clave estivo, como non, os días de Play e Cacheiro. O primeiro deixou a sensación de "vaia o que se me acaba de escapar" (5-6) O segundo foi a tarde do quero pouco e podo menos(1-2) Contra a "plebe" houbo de todo. Xornadas de sorriso (Bande, 7-0 ou o antedito Saeta, 3-2), enchenta (Queiras ou Sprinter, de 8 en 9) e de auténtico pudor (arrastradas ante Valado, Sanguñedo ou Ermida) As baixas de Carlos (lesionado desde o famoso día do Play, na 1ª xornada desta 2ª quenda), as ausencias polo fútbol de Luis, Flequi ou Luis non poden encubrir unha percepción final de pesar. Que toca
agora? Disfrutar a copa, maratonear un pouco e preparar o "asalto 2ª parte". Nunca 2ªs partes foron boas? Sempre hai 2ª oportunidade? Non sei. Estou nun lío. Por certo, ovación ao pichichi-cronista do equipo. 17 chicharros dan crédito para sacar peito. O gol é a esencia desto aínda que sexa en solteiros contra casados. Non te retires.

0 comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet