lunes, 12 de mayo de 2008

COPA... CAFÉ E PURO / Boa xornada de estreno celanovesa

Cando moitos presumían unha masiva eliminación dos equipos da liga este masivo "finde", resulta que non foi así. Dos 13, Play estaba exento por xusto (e requetecomentado) campión de liga. Acebedo, despois dunha temporada para esquecer, foise de voda e preferiu a copa líquida á sólida. Comentan os do "Donde estás corazón" que se viu por aquelas paraxes festeiras ao outrora polémico porteiro local, J. B. Damos as iniciais para preservar a intimidade de dito suxeito. Pola súa banda, o Queiras non "quixo" ir a Xinzo e optou pola copa en vaso de plástico escaleiras abaixo.

Dos outros 10, que si que xogaron, houbo un pouco de todo. Abriu a xornada en Celanova P. Valado, cunha honrosa derrota fronte ao 2º da 2ª do Carballiño. 1-6, con 5 xustos e con ese regusto de sempre: púidose facer máis. Rokevi fixo un auténtico partidazo fronte ao 4º de Xinzo, Fadinga. 3-4 só por culpa das numerosas ocasións erradas (2 claras no último minuto) e polo enésimo porteiro de broma que traían os "albaneis" ao "pave" local. Había que preguntarse se este equipo, cun gardameta e con "Chinos" e "Coinasas" desde o comezo da liga, tería loitado o podio. Futsal combinativo, do mellorciño.
Pola súa banda, Saeta parece que "pasou" olímpicamente de historietas copeiras. Perdeu aos penalties contra uns dos peores equipos da vila do Arenteiro, o Aplicarmetal de 2ª. Vin a primeira metade en directo e nunca pensei que fora tirar pola borda un auténtico paseo, no que foi a decepción da xornada. Pechou o día Sanguñedo, cunha derrota 0-5 ante un dos galos da 1ª capitalina. Por previsible non deixa de ser inquietante a suspensión do encontro (falo de oídas)

Pero o partido estrela da tarde era o Cacheiro-Bande. Distinta competición, mesma historia para os de Outomuro... e tamén para os da Baixa Limia. Con 5 xustos foron quenes os de amarelo de superar a uns impetuosos xogadores "visitantes". A "banda do alcalde" (con cariño...) caiu, na súa mellor versión, no quero e no podo, fronte un Cacheiro que defendeu con uñas e dentes a renda acadada toda a segunda parte. Os "uiis" non acabaron en goles e si en desesperación dos de Bande. 2-1 final.

Nos que tiveron a xornada de excursión, boas novas dende Coles e Xinzo. Renaceron Star e Ermida (1-3 e 0-6) ante Moradi e Rei das Tartas, eso si, de 3ª ourensá os 1ºs e das últimas prazas da liga local de Xinzo o 2º. Fenomenal, pois.

Quédanos só falar do ocorrido na Carballeira, en victorias de Sprinter perante Hollywood (5-8) e Retiro (1-8) a Valenzá B. Os "webs" fixeron un partidazo (contra 5 "famosos" que acabaron 4 pola lesión a 5 do final do porteiro), con golazos de Toño por medio. Só a avaricia de Fernando impediu resolver antes pola vía rápida, sufrindo máis do que se debería ter sufrido. Por súa parte, aos de Ramirás tocábanos pechar a xornada, ás 10 da noite. O 8-1 final, como acostuma pasar, non reflicte o encontro, nin dá idea da loitada 1ª metade (1-3 con dobre penalti errado polos da Valenzá) Só a inercia retirista habitual, unido á ausencia de cambios de calidade nos de Barbadás puido coa garra local. Os goles, repartidísimos, ata 8 de diferente signo: Luis, Tapas, Cabalar, Flequi, Pana, V. Feijoo, Ramón e mesmo 1 en propia porta, cando o pichichi-cronista xa o contaba como seu. De suspensos, a excusable azul a Félix, por protestar e a ausencia do "festas". Marcos titular, oé, oé.

En fin, acabou a 1ª rolda copeira. Non sería normal que un equipo "da casa" acabara por chegar ás últimas, pero, nunca se sabe. Polo de agora, demos un toque de atención ás outras ligas. Oíde, estamos aquí, tamén lle damos a esto. Respiro tranquilo. Na noite do sábado non respirei tanto. Os sentidos estaban ocupados en COPA(S), CAFÉ(S) E PURO(S). Vaia senón.

0 comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet