jueves, 8 de mayo de 2008

...y colorín colorado, esta liga se ha terminado.
Xa que esta semana o Bellegho decidiu poñerse filosófico e os resultados da liga, a xornada de copa, e todo o demáis está xa apañado eu vou tratar de facer un peque no esbozo do partido entre Play e Cacheiro.
O partido comezou co Cacheiro ben asentado e marcando un gol en mui pouco tempo, sin darlle tempo ó Play case para decatarse de que o partido xa comezara.
Mal feito.
O Play despertou con fame de gol e sen darlle tempo ó Cacheiro a que se puidera volver asentar no campo, xa "Zorrilla" lle tiña feito o empate.
Despoi disto todo o partido foi un monólogo no que o Play andaba as suas anchas pola cancha sin que o Cacheiro lograra inquietar demasiado a porta de Luis que, o pouco traballo que tivo, resolveuno con total certeza, sin darlle opción algunha a un Cacheiro que, das poucas ocasións que tivo, intentouno por activa e por pasiva, por arriba e por abaixo, por todas partes, pero no houbo maneira.
E así foron caendo un tras outro os goles, oito para o Play e tan só tres para o Cacheiro, que loitou ata o final por unha liga que, como di o Bellegho, o Play levaba reclamando xa por terceiro ano consecutivo. Xa lle ía tocando.
Do resto da xornada, so foi un acompañamento para este partido no cal se xogaban o todo polo todo.
Noraboa os campións e máis sorte para o resto na vindeira liga.
Pola miña parte alégrome que o Play gañase esta liga, non porque o Cacheiro sexa peor nin nada polo estilo, sinon pola cantidade de colegas que alí teño.
Os do Cacheiro, non os coñezo. Espero que para a próxima me poida alegrar por eles.
Un saudo,
Maki.

0 comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet