martes, 15 de diciembre de 2009

LONGO OUTONO / 5 derrotas consecutivas poñen outra vez en problemas ao Retiro


Cando o 9 de novembro o Retiro visitaba Celanova, logo de 7 meses daquel famoso maratón saudable e despois de ano e pico fóra da liga local, corrían tempos tranquilos na casa granate.

Tocaba visitar o ATL Feijoo, veciños, ex-Londres (aquel equipo que marabillara en provincial), empatados a puntos con eles. 10 puntazos en 8 partidos. Algo inaudito comparado co arranque do ano pasado. Vitorias ante Carral (6-5), Avión (7-8) e Porteliña (2-3), empate uns días antes en Carballiño con Barreras de Seguridad (4-4) e derrotas con Cortegada, Play e Corna na "maldita" cancha de Ramirás, ademais da saída do Cupire a Sobradelo de Valdeorras. En fin, números equilibrados, de metade de táboa. Equivalentes a tranquilidade, a sosego, a paz, a relax de sábado.

Pero algo cambiou. E aínda non sei o qué. Deixamos a cancha "propia" e marchamos a Outomuro logo de sermos desprezados polo noso (?) concello. Un pavillón no que só gañamos 2 partidos en 2 temporadas... E en plena tensión, sen saber por que non se nos "traga" na propia casa, visitamos o equipo de Luis e cia. O 0-2 aos 10 minutos púñanos con 13 puntos, na zona media-alta, algo nunca visto por nós, pero claro, a nosa inercia de "pupas" non nos podía deixar así de tranquilos.

Entre o ATL e unha arbitraxe delirante, con 3 expulsións nun encontro sen unha soa patada, remontouse o 0-2. 9-4 final e con cara de poker, "pa" casa... non sen antes cear cos vitoriosos xogadores do ATL (E BEN BOA XENTE).

Dous partidos na casa de Outomuro ben difíciles de explicar. 0-2 contra Concello de Amoeiro, cunha chea de ocasións marradas e 3-4 con Vistahermosa, tras un 3-2 claro e ocasións de sentenzar ben claras.

E outros dous fóra, 7-4 en Paderne contra Escornaboys logo de ter a cousa dominada co 3-4, e 5-4 esta última semana ante o Rocholl (ex Chupito), con 5 xustos e unha semi-remontada.

Excusas, falta de unión, fallos puntuais, barrenos arbitrais, defensa de chiste e ataque en portería de fútbol... Baixas, falta de concentración, ou de confianza?? En fin, Avión e Carral reaccionaron e, incriblemente, 40 días despois estamos 2ºs pola cola e aparecen novos e vellos fantasmas.

Pero, á súa vez, teño claro que non fomos inferiores a case ningúen nestas 13 xornadas, e iso tranquilízame. Déixame ver un final de temporada tranquilo se volvemos polo camiño da concentración, o acerto e un pouco de sorte. Punto de inflexión contra o líder Feás?? Difícil. Pero, co nadal ás portas, todo é posible. A chama da ilusión, a luz da primavera espéranos... se podemos co inverno. O final do outono desde logo non axudou á chegada da tranquilidade prevista. Toca espabilar... ou agonizar.

0 comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet