jueves, 4 de diciembre de 2008

TURRÓN BLANDO / Só 1 excepcional 2ª volta "retirará" o descenso.

Que pasa caimáns, aquí estamos outra vez. Este ano non estou podendo meter crónicas coa frecuencia do ano pasado, pero ás veces aparezo por aquí con gañas de liala, jeje.
A última vez que escribín o Retiro víalle xa as orellas ao lobo. Pois neste mes e pico, pouca novidade. Querer e non poder é o tópico que mellor se nos pode aplicar. O "case" xa se fai pedante... e 7 desanxelados puntiños non son bo presaxio antes de visitar o intratable Chupito (sábado 13, como entremés do Farça-Mandril) e recibir (posiblemente en Outomuro o día 20) á apisonadora de Feás . Farán falta 4 ou 5 victorias para manter a categoría. Fácil? Polo visto imposible. Polo que me pide o corazón, factible.

Pero deixémonos de futuramas. A última vez falei de visitar ao Celanova Motor. Pois foron eles os que deixaron a tarxeta de visita no pIcouto pola indisponibilidade do multiusos (¿?) celanovés. Outro pao. 3 a 1 no descanso con partidazo de Carlos e Cabalar. Nada parecía tan idílico. Pero outra con queixo nos agardaba no retorno á cancha. Autoexpulsión do Cabalar, accións desafortunadas do amigo Bellegho (e da defensa) e arbitraxe funesta. Se a isto lle sumas o rival a apretar, tralará. 3-6 e nova decepción. Unha decepción agravada 7 días despois. 2-9 ante Barreras Latas, no peor encontro da temporada, o único onde non se tivo opción ningunha de nada. Desesperante. Despois, visita a Cortegada e nova actuación do "Circo dos muchachos". 9-7 contra 4 amigos... pero é que o Retiro apareceu alá con outros 4. Apareceu a épica pero este ano a defensa "pavieira" parece estar de moda...

As dúas últimas noticias proveñen do "talismán" do Picouto. Boas, aínda que podían ser mellores. Carallo se podían. Primeiro, os amigos dos Pazos de Arenteiro, que deberon confundirse por un triste acento na última a, apareceron cando xa tiñan a papeleta do 3-0. Despois, a visita do Pijú (b, sen Mazorras, Miamis nin Oliveiras) supuxo outra proba para a tensión dos sufridores. 0-3, discusións, 3-3 no descanso, 3-5, 5-5 en dúas accións de saque de banda, 5-6, 6-6 nun dobre penal a 30 do final do Carlos e... a 10 segundos, o 6-7 tras outro córner mal defendido. O nova máis. Tras Corna, Verín e Celanova Motor, cuarto partido que se escapaba na casa téndoo na man.

Pero o peor está por vir. Expulsados Carlos e Tapas, cunha posible voda Cabalar, Gele missing... quen xogará ante os Chupitos? Mal trago, si señor. Pero o que está claro é que a "misión imposible" retirista comeza en xaneiro. Kanal Kolor, Corna, Beariz e Pino. Aí está a salvación. Cara ou cruz. Por agora, mirar como chove e comer o turrón máis ruín de todos. O blando. Coma o Retiro en provincial. Blandísimo. Tenro. Moi fácil de meterlle o dente...

0 comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet