lunes, 27 de octubre de 2008

SOBREVIVINDO. 6 XORNADAS E... 4 PUNTIÑOS


C
omo por motivos laborais xa perdín a conta das semanas que levo sen enviar os meus ácidos comentarios, non me queda outra que falar un pouco globalmente deste primeiro mes e pico retirista en provincial. E o titular non pode ser máis explícito: a aventura estase a volver nun acto solemne de supervivencia continuo. E parece que así pode ser ata o mes de maio, unha loita "desesperada" por evitar os 3 últimos postos que condenan a abandonar a máxima categoría do futsal ourensán.

Antes de analizar partido a partido, ai van prós e contras. Por unha banda, a liña do equipo en canto a xogo, competitividade e loita é claramente ascendente, con francos progresos nos últimos 2 encontros. Mellorouse esa inocencia que nos fixo perder puntos claves ao comezo. Ademais, gañar o 1º encontro ante Sobrado quitounos un peso enorme. En canto aos xogadores, excepcional Tapas. Buscando o seu lugar Carlos e con altibaixos o fenomenal Gele. Do resto, loita e gañas, con ben lagoas. Mal en balance defensivo e, pola contra, facilidade para marcar. Eso si, os partdios fanse eternos a tempo parado!!

A liga comenzámola no talismán dos Remedios contra Kanal Kolor, un recén ascendido. E de que xeito. 0-3 ao descanso e ocasións para sentenciar. Pero o final fíxose ameazador e os locais sacaron forzas para que case pedíramos o final a berros. 1 punto amargo. A estrea en Ramirás deparaba 7 días despois outro caldeiro de auga ben fría. Con 2-1 fronte á timorata Corna, todo anticipaba festa. Per o desasatroso plantexamento fería o equipo e a física non respondía. 2-3 en erros detectables e caras de preocupación.

Para preocupación, en Beariz. Cando ves Pontevedra 35 km sínteste case en autonómica, jeje. E vaia. Os locais tiran de categoría e de experiencia. Con 1-0 ao descanso todo indica igualdade. Tamén co 2-1 e 3-2. Pero as contras e as diagonais matan o nervio retirista. 7-2 ben engañoso e volta a empezar.

Chega o Pino na 4º xornada con 6 xogadores e o porteiro sancionado. e vólvenola xogar como en semis copeiras. Daquel 10-2 de Xuño a este 6-12 de Outubro. Houbo opcións co 5-7 pero non se soubo xogar. As faltas mataronnos e Andrés "chuflaba" todo o balón parado que pillaba. Mal pintaba a cousa ata que chegamos de novo aos "Remedios" para a dor de cabeza. No mellor encontro ata agora, victoria convincente cun 3-5 ante Sobrado que eso si, só despexou dúbidas ao final. Con 0-2 volveron os problemas nos córners e na estratexia. 2-2 e a sufrir. Soberbio Tapas e vaselinas Aitor arreglaron a cousa. Por certo, o míster local, a la rue, como se fora de verdade isto da provincial...

E apareceu Verin no Picouto para continuar co gafe local deste ano. 3-5, pero con mellor feeling. 1-1 ao intervalo co golazo de Tapas e 2-1 e 3-2 desaproveitados. Tremendos os de Monterrei nas contras e na estratexia. Unha falta, un corner e un dobre penalti puñan revirada a cara dos incansables afeccionados. Así pois, 4 puntiños e por goles fóra de descenso, pero aí no purgatorio. Na próxima semana, toca visitar o intratable Celanova Motor. 18 de 18. Per é derby... Logo, recibir a sorpresa carballiñesa, Barreras Latas, outro coñecido da copa pasada, pero moi tranquilo en metade de táboa. Ir a Cortegada (ollo) e finalisima ante o colista Pazos de Arenteiro antes do Tourmalet (Pijú ou Parente, como queirades), Angliru (Chupito) e Mortirolo (Feás). Puntuar neste final de infarto sería todo un premio. Os deberes, pois, nesta primeira volta que nos levará a portas do Nadal, pasan por sacar 3 triunfos. Latas e Arenteiro deberían caer no Picouto. A outra... non sei. Digamelooooooo

XORNADA 6:

BARRERAS LATAS-7 PAZOS DE ARENTEIRO-1
CORTEGADA-6 CELANOVA MOTOR-7
RETIRO-3 VERIN-5
PIJÚ-14 SOBRADO-2
CHUPITO-10 PINO-1
FEÁS-6 BEARIZ-2
KANAL KOLOR-2 A CORNA-3

CLASIFICACIÓN:

1. C.MOTOR 18 +15
2. FEÁS 16 +12
3. PIJÚ 15 +39
4. CHUPITO 15 +29
5. VERIN 11 +14
6. BARRERAS 10 +4
7. A CORNA 9 -12
8. BEARIZ 6 -8
9. PINO 6 -13
10. K.KOLOR 5 -4
11. RETIRO 4 -12
12. Sobrado 4 -15
13. Cortegada 3 -11
14. P. Arenteiro 0 -38

Goleadores Retiro: 21. 8 Tapas, 3 David Cabalar e Gele, 2 Aitor, Diego e Germán. 1 Ramón

0 comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet