lunes, 29 de septiembre de 2008

KANAL KOLOR-3 BAR O RETIRO-3 / Remedios para o mal sabor de boca no debú provincial

OS REIS DA DÚBIDA

Que pasa my fiends diría o dominicano de turno. Que tal o verán? Adictos a balonciño ou resacosos das festas? Xa está acá de novo outra temporada frenética de futsal. Atrás quedan momentazos da 07-08, que no caso do Retiro chegaron ata mediados de Xuño, chegando á final-four da copa. Co salto de categoría tra-la renuncia de Play e Cacheiro preséntanse novos retos para este noso equipo ramiranés que vos intentaremos trasladar semana a semana. Para ser o complemento á info local.

Como empezar... ben, cambiaron moitas cousas: a equipación principal, que pasa a ser grana con pantalón e medias brancas. O pavillón de xogo, que vai estrenar este sábado 27, ás 19.30, contra a Corna, o centro escolar do Picouto. Acabouse o ruxe-ruxe celanovés... que pena (cuidado co reencontro contra Celanova Motor o día de tódolos santos) E na nova casa, con videomarcador novo e demais, esperamos facernos fortes. Cambiamos medio plantel. 7 do ano pasado non siguen: Luis, Flequi, Pana, Alex, Cao, Felix e Adri. Cada un á súa maneira fixeron historia no noso equipo e teñen as portas abertas. E apareceron no proxecto provincial Aitor (do extinto Star 83), Elvira e Gele (ourensáns, ollo con este último) e Diego (da Parrillada, participante en Celanova na 06-07). Á espera de últimos retoques, somos 13. Xa irei contando máis historias íntimas... como o tema do adestrador-xogador e tal.

Pero o que non cambiou foi a lírica que nos caracterizou o ano pasado: capaces do mellor e do peor. Chegamos aos Remedios case sen adestrar, sen xogar xuntos (só Aitor en maratóns) e con caras de cagalera. O rival, outro recén ascendido, o Kanal Kolor. Vello coñecido, con contas pendentes, trala eliminación en 2º rolda copeira... e moi reforzado... excepto na porta. E na 1ª metade aproveitámolo. 2 goles de David Cabalar, 1 de Ramón e varias ocasións para golear. Pero claro, vainos a festa. Na 2ª parte, o tempo parado matounos. Fíxosenos todo eterno e acabamos ca lingua fóra e coa bandeira branca. Luces e sombras, sónavos? Pero que gustazo xogar en provincial. Que ritmo, que intenbsidade, que emoción, que temporada nos espera. Buf. A min con que queden 3 debaixo de nós, chégame.

Outro día analizamos rivais, calendarios... só dicir que o sábado 27 no Picouto ás 19.30 contamos con toda a peña de cElanova que non teña moito que facer. Vinde botar unhas risas ao Picouto! Comezou o bo...

0 comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet