ESCORNADOS
Chegaba o día D, o da estrea no Picouto. En Ramirás. Todo estaba preparadiño. O pavillón, engalanado: vestiarios limpiños, termos revisados, videomarcador en orde, árbitros, bar, mesmo un bo múmero de público que se animou a presenciar o 1º partido de provincial dun equipo de Ramirás en casa na historia federada do futsal.
Pero claro, o balonciño non entende de parafernalias nin de balbordo externo. E o Retiro, como xa fixera nos Remedios na 1º xornada, volveu pagar a novatada, desta vez máis aínda. As claves: unha mala lectura do encontro, 4 ou 5 paos e sobre todo un cúmulo de despropósitos na 2º metade que nos deixan cun puntiño e moitos interrogantes neste arranque de temporada.
O ano pasado, é curioso, eramos de 2ªs partes. Saiamos durmidos e só ao final apretabamos, empurrados pola épica ou a desesperación con nós mesmos. Este ano, sen embargo, semella que os 1ºs minutos, concienciados polo salto de categoría, son os máis traballados, nos que o equipo pecha atrás e non asume riscos, pero sen sestear. 0-3 nos remedios e 0-0 desta volta ao descanso. Ahá. Pero se na cancha ourensá o tempo do partido foi quen nos comeu a física, no desilusionante debú locatario, unha especie de desorde xeral se apoderou do Retiro nos últimos minutos. Era a Corna quen daba primeiro cun tiro cruzado. 0-1 e murmullos na bancada, tras unha 1º metade como digo a relantí. Pouco despois, unha acción individual dun desesperado (3 paos) e mal dosificado Gele daba o empate cun tiro cruzado que o inspiradísimo porteiro visitante non podía deter. E non moito máis tarde chegaba o 2-1, tras golazo de Tapas. Non se podía escapar... ou si? O empate veu de seguido e co equipo reventado, o 2-3 foi unha lousa pesadísima que non se deu levantado. Ocasións ata o final, ben delas, pero tamén á contra os do Carballiño puideron machacar. Como dicía aquel, sempre hai ocasión de resarcirse... pero o que está claro é que ou se aseguran este tipo de partidos, defendendo o triple, dosificando os "titulares" e xogando en equipo ou o Retiro deberá mirar con recelo os últimos postos... Pero tempo hai, claro que si. Esperemos que o cupo de novatadas estea cheo.
A FICHA
BAR O RETIRO-2 (Gele, Tapas) A CORNA-3
RETIRO: Marcos (p), Julio (p), Germán, Tapas, V.Feijoo, Gele, Elvira, Ramón, Diego, Cabalar, Aitor.
Arbis: Estefan, Andrea. Regular-mal, comeron un penalti a Aitor. Amarelo a Germán por desprazar bola e constancia en acta cunha patada sen balón de Cabalar. Rigorosos.
Incidencias: Bastante xente no pavillón municipal, 100 persoas.
Os mellores: Tapas e Marcos. Incomensurables. o 1º de peche-goleador e o 2º nova 1ª parte impecable e imbatida.
O peor: Os cambios da 2ª metade e a sensación de impotencia con tanta ocasión errada. O pouco balance en defensa.
Goles temporada (5): 2 Cabalar, Ramón, Gele, Tapas
lunes, 29 de septiembre de 2008
BAR O RETIRO-2 A CORNA FS-3 / debú na casa con ben lagoas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario