Acabouse o que se daba. Esta é a última crónica antes de saber a decisión final. Non me arrisco en prognósticos estúpidos. Pode pasar calquera cousa, calquera equipo ten a forza e as gañas de levar a copa para casa. 3 lobos de provincial. Os mellores enfróntanse entre eles. Pero o Cacheiro e o Sprinter saben como as gasta o outro. E aí está o Retiro, a punto de quedar na historia. As semis xa son de bacanal. A final sería un escándalo auténtico, o campionato unha agradable utopía con consecuencias nefastas para os nosos compromisos laborais e estudantís. Pode haber semana de festa total. Veremos. Que sexa o que Deus queira. Dous pasiños máis, 3 horas de futsal a crono quieto. Non volo perdades. Fasnos máis falta que a España, seguro. Non vos defraudará o evento.
SÁBADO 14, 19h. Bar O Retiro - Café Bar O Pino
SÁBADO 14, 20.30h. Feás f.s - Chupito/Karlaska
DOMINGO 15, 12h. Gran final
martes, 10 de junio de 2008
SÓS DIANTE DO PERIGO / Fin de festa no Paco Paz no 25 aniversario da copa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario