Unha liga nun instante
Liga Local de Celanova
O que é a vida... a última xornada de liga xa chama a nosa porta.
A liga que comezaba alá polo mes de Outubro toca á sua fin.
Tras seis meses de intensa loita (no bo sentido da palabra), grandes alegrías e, por qué non decilo, tamén grandes decepcións, todo se
vai dilucidar nesta última xornada.
Parece como si dende un principio se houbese preparado todo para que a liga estivese interesante ata a súa fin.
A liga desde o comezo foi sempre cousa de tres: Play, Cacheiro e Saeta.
A patires da metade da liga o Cacheiro, comeza a adquirir unha certa vantaxe sobre os seus rivais, sobre todo do Saeta, o cal empeza
a perder fuelle.
O play aguantou a duras penas o tirón e mantívose a unha distancia que lle permitía seguir soñando coa liga.
E por fin aquí estamos, na última xornada de liga co Play a só un punto do Cacheiro e ambos equipos coa ilusión dunha liga que terá
emoción ata o último segundo.
No resto da tabla as cousas seguen emocionantes pero o máis do máis vivrase este sábado as seis da tarde no Play-Cacheiro.
O FUTSAL na sua máxima expresión.
O resto da xornada complétase cos seguintes partidos:
Partidos da Xornada 26:
| Día | Hora | Local | Goles | Visitante |
|---|---|---|---|---|
| Sábado | 15:00 | Persianas Valado | 0-0 | Bar O Retiro |
| Sábado | 16:00 | Ermida F.S. | 0-0 | Sanguñedo F.S. |
| Sábado | 17:00 | Alb. y Pint. Ramón Saeta | 0-0 | Rokevi Albañilería |
| Sábado | 18:00 | Play F.S. | 0-0 | Café Bar Cacheiro |
| Sábado | 19:00 | A.X.C. Alfa Star 83 | 0-0 | Acebedo F.S. |
| Sábado | 20:00 | Sprinter F.S. | 0-0 | Bar Onde Queiras |
As cousas ata esta xornada deixan a táboa clasificatoria así:
Clasificación tras a Xornada 25:
| Posto | Equipo | Puntos |
|---|---|---|
| 1º | Café Bar Cacheiro | 64 |
| 2º | Play F.S. | 63 |
| 3º | Albañilería y Pintura Ramón Saeta | 52 |
| 4º | Bar O Retiro | 50 |
| 5º | Sprinter F.S. | 39 |
| 6º | Bande F.S. | 38 |
| 7º | Rokevi Albañilería | 30 |
| 8º | Acevedo F.S. | 29 |
| 9º | Bar Onde Queiras | 25 |
| 10º | Ermida F.S. | 22 |
| 11º | A.X.C. Alfa Star 83 | 17 |
| 12º | Sanguñedo F.S. | 8 |
| 13º | Persianas Valado | 5 |
E a xornada pasada, isto é o que pasou
Resultados da Xornada 25:
| Día | Hora | Local | Goles | Visitante |
|---|---|---|---|---|
| Sábado | 15:00 | Bande F.S. | 3-2 | Ermida F.S. |
| Sábado | 16:00 | Rokevi Albañilería | 3-5 | Sprinter F.S. |
| Sábado | 17:00 | Sanguñedo F.S. | 2-7 | A.X.C. Alfa Star 83 |
| Sábado | 18:00 | Acebedo F.S. | 1-8 | Play F.S. |
| Sábado | 19:00 | Bar O Retiro | 3-2 | Alb. y Pint. Ramón Saeta |
| Sábado | 20:00 | Café Bar Cacheiro | 7-3 | Persianas Valado |
Bueno, non sei vos, pero a min isto é algo que me encata.
Espero que dure.
Saudos:
Maki.
0 comentarios:
Publicar un comentario