Non me gusta deixarme levar polas emocións nas miñas crónicas, sobre todo cando se fala dun partido concreto. Sempre hai que ponderar a psicoloxía do encontro, valorar o esforzo duns cantos artistas que xogan para disfrutar (competindo cada un á súa maneira) e respectar ao contrario, que se pode ofender se dis o que pensas na parte máis "forofa" do cerebro. Por iso tiro de aparente cordura e xulgo pros e contras de cada situación. Hoxe cóstame. Despois de momentos difíciles para o Retiro, vencer ao Saeta este sábado saca de min ese toque de orgullo que sempre trato de aparcar. Outra caña, camareiro, que estou seco!
A liga local, como vimos comentando, debátese entre a esperada e ansiosa semana previa do Play-Cacheiro para ver quen é o campión e o resto. Dentro deste infumable puzzle que engloba 11 equipos con máis gañas de bola plastificada (praia) que encauchetada (parqué), as cousas son como as ve cadaquén. O que non quere quedar co farol de colista, o que aspira a facer máis puntos que o ano pasado, a darlle no bico ao equipo (ini)amigo de turno ou a simplemente mellorar sensacións. No do "feeling" nin Saeta nin Retiro chegaban sobrados á penúltima xornada. Ambos, conscientes de que houbo máis deméritos que alabanzas na súa ¿pugna? polo título, alicaídos por seren simples comparsas e observadores dese duelo entre "mancomunados" e "outomurenses". Pero, que carallo, había un 3º posto en xogo, que sempre o desprestixiamos victimisticamente por consideralo destinado ao "mellor entre os peores". Preguntádelle ao Vilarreal se acabar 2º ou 3º é o mesmo. Vale, elude a previa da Champions. E o "Patético de Madrid", se dera finiquitado a liga 3º, por riba da "Farça"? Tu que cres?
En fin, deixándonos de contos, o equipo de Ramón Saeta tiña 8 puntos de vantaxe hai dúas semanas e loitaba a liga (con pouca convicción, pero ai estaba, a 5 de Play, sendo o único dos "grandes" que lle puido vencer e a 6 de Cacheiro, antes de se enfrontar directamente) Mentres, o Retiro vagaba co perigo de "Sprintar" mesmo cara o 5º posto. Pois xa vedes, en 2 semanas, 6 puntos recortados e a sombra da última xornada á volta de botellín. Se o incisivo Rokevi puntúa contra o Saeta o próximo sábado e os de Ramirás fan os deberes contra Valado, o bronce invitará ao optimismo final azulado... Seguindo coas comparacións, a alegría do 3º, tras gañar a "consolación" sempre enturbia (que non tapa, claro) a inmensa desgracia do perdedor da final, o 2º.
Vale, xa falo do partido, que sei que tes máis que facer que ler filosofadas. Moi sinxelo: a 1ª metade para o Retiro, que se foi perdendo ao descanso, 2-1, e a 2ª para Saeta, que acabou sucumbindo 3-2. Son cousas... E o comezo non convidaba á alegría do Retiro. Equipo "b" (pero con ben máis h... que o "a") Curiosamente, "Pana" puña ao pouco de comezar o 0-1 tras dous avisos. Pero remontarían os Saetas en dúas accións illadas, con Pablo e o infortunio de Tapas polo medio. Mancado Marcos, entraba Bellegho na portería a montar o show. O calor do invernadeiro (ás veces pavillón) abrasaba aos dous equipos, co que o intervalo foi o mellor que puido pasarlles. Nos 2ºs 25 minutos, o dominio cambiou para os brancos, pero a sorte foi para o Retiro. Bastaron duas chegadas para darlle a volta á cousa, con Germán e Félix en plan figuras, nunha contra o 1º e de cabeza o 2º (coa colaboración de Ramón Jr.) Empurrou o Saeta ata o final, pero o acerto defensivo "visitante", 2 mans de Julio "Barrufet" e o crono acabou cos Gamarros, Eloys, Tonis, Elías, Pablos e cia. Quizáis un empate sería máis xusto? Pode ser, pero a garra e as circunstancias deixan ao Retiro a tiro de 2, e co sorriso de ter vencido ao mítico equipo celanovés nos dous encontros. Saco peito, aínda que só sexa un pouquiño. O Retiro ten o bronce moral da liga. O oficial, eeee... Rokevi, devolvede o que "roubastes", cabritos!!
lunes, 28 de abril de 2008
A TIRO DE BRONCE. Victoria apretadísima e ¿inesperada?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario