Así lle puxeron uns colegas da universidade ao seu grupo rock. Daban algo de pena, a verdade jejej
Coma o Bar O Retiro contra Rokevi este sábado (2-3)... Tranquilo se es xogador noso e estas lendo isto. Non montes en cólera. Non te cagues en todo o que me fixo. A primeira crítica vai para min, que, con todo o morro do mundo, arrinquei cara o campo de Espiñedo do Carballiño, a xogar contra o Arenteiro B (e perder, 1-0) Fútbol é fútbol, eh, Belle? E sabendo que o equipo estaba en cadro (cousa por outra parte que non xustifica a triste derrota do "pave") O Carlos, coa súa loita muscular particular. Flequi, coas costas a voltas. Cabalar, sancionado ata o dia do xuízo final. Ramón e Manoliño, currando. Luis, intentando salvar ao Corbelle 1812 (equipo máis antigo do mundo, sen dúbida) do descenso ao pozo de 3ª rexional. Por certo, perderon 2-1. Cao, Adri e Alex, polo menos en Chiquitistán, porque non collen o móbil... Con estas baixas, o habitual e repleto banco de suplentes estaba case a 0 ás 6 da soleada tarde celanovesa. Marcos, todo o partido aguantando o chaparrón na porta. Para o resto da batalla, unha de motes: Tapas, Pana, Figu, Belle e Pelu. Non che é unha risa. Derrota con goles de Tapas e "rabonas Bellegho S. A."
Deixémonos de trapalladas. O equipo está en crise. De resultados (última victoria ante Acebedo, ben escasa por certo, o 8 de Marzo, 3-0), de xogo (cada vez peor, o cantazo e a figura estática priman por riba da combinación), de carácter (un partido como o do sábado non o perdería Play ou Cacheiro, inda que fosen xogando 5 xustos e de cú), moral (tocadísima tras perder calquera opción de título o día do Cacheiro), etc, etc.
En fin, como sabedes é moi fácil falar en quente. Eu estou en frío. Veño do conxelador. Conxelados podemos quedar se nin sequera quedamos cuartos (o Saeta xa se escapou definitivamente) Quedan Sprinter, Saeta, Onde e Valado. Moi complicados os 2 primeiros, e sen confianzas nos 2 últimos. 50 pts. sería unha boa cifra, gañando 3 dos 4. Por certo, alguén se botou as mans á cabeza cando prognostiquei 45 alá por setembro. Veremos o que pasa. A "Ravelada", polo de pronto, pode ser o seguinte en pescar en río revolto. Eso si, nunca choveu que non escampara...
Do resto do mundo mundial, vexo o Play campión. Pero xa analizaremos todo isto. Da xornada, sorprendente baixón de Acebedo fronte ao imprevisible Sprinter (de 2-2 a 2-7 para acabar 5-7)
Fácil pois para Play e Saeta. Menos do previsto para Cacheiro e Bande. Saúdos. Xa sabedes, velarse dun golpe.
lunes, 7 de abril de 2008
MOMENTOS DE DUDA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Espectacular coma sempre presi.
Puto futbol non tendes vergonciña ningunha, e se inda ganarades ou empatarades inda pase pero perder :-)
...E nos imos e perdemos co Sprinter dando pena vernos xogar. ¡esto es el acabose!
Saudos.
abelendaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
Publicar un comentario