viernes, 4 de abril de 2008

Alfa Star 83 - Play F.S.



Despois de ver os resultados deste fin de semana, e de ver as sancións, non podo facer outra cousa que estar satisfeito. O resultado era o esperable, a verdade é que na primeira volta xa tivemos numerosos problemas con este equipo, non sei por qué, pero é así, atragantansenos mogollón esta xente e a súa maneira de xogar.

A todo esto unha cousa é o que se ve dende fóra e outra é o que pasa no campo. Refirome a todo o que pasou coa agresión do Edu ó 7 deles. É sorprendente a facilidade coa que a xente insulta nada máis comezar o partido, sen que houbera o máis mínimo problema, xa estaban a insultar, se ladróns, se fillos de...., inexplicable. Falámolo no banquillo, quedamos en que tiñamos que pasar do rollo, e así foi, intentaron provocar ó Zorrilla, fixéronnos faltas ata nas orellas, pero resulta que aínda que algún diga co árbitro nos axudou, a verdade é que eles tiraron 5 dobles penaltis e 1 penalti, si eso e favoritismo non volo desexo a ninguén.

Case rematado o partido, producíuse o que todos viron, cada un pensará o que queira e vería a cousa dunha maneira, agora eu vou a explicar o que eu vivín..

A agresión do Edu é inxustificable, mírese por onde se mire, un xogador dun equipo que se xoga a liga, nun partido contra o antepenúltimo, co partido case rematado, ganando 1 a 2 non pode facer eso, incluso en ningún partido sexa contra quen sexa. Él mesmo está arrepentido do que fixo e reconoce que non estivo ben. O Edu xoga forte, pero non é traidor, nin vai a facer dano querendo, nunca. ¿Por qué se producíu eso? Entrada escalofriante á rodilla, menos mal que o Edu está forte, é outro calquera e....6 meses de baixa, flipante, e aínda porriba o xogador 7 dice que...”pídele perdón, me he pasado”

Sancións.....esperaba máis, a verdade é que o normal serían catro partidos, coma os demáis, ¿por qué non lle caíron catro partidos?, a explicación é moi simple, cada un que pense o que queira, a razón é que o innombrable é malo ata pa redactar as actas....que ninguén pense que si favorecen a un ou a outro, simplemente que cando un recolle a acta ten que mirar o que pon e se non está dacordo reclamar.

En nome do Edu e do meu equipo quero pedir perdón por o triste espectáculo dado o sábado...xa que....a Liga Local de Celanova, entre todos ten que ter outro sabor!!!


Pablo
P.D: Flipo cas visitas, latas eres un crack!!!

2 comentarios:

germantxo dijo...

grande pablito grande. dabas un bo valdano. aver ese tiki radiofonico de hoxe que montades...

Anónimo dijo...

Estas cousas non deberían pasar nunca e menos xogando entre xente que ó fin e ó cabo somos todos veciños.
Pablo tranki que todos vimos a xogada e, ainda que non é xustificable e entendible a reacción.
Unha aperta a todos os do tiki-taka.
Maki

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet