ESCORNABOYS- 5 (p.p) RETIRO FS-5
Está claro que non se pode ter todo. Pero somos uns inconformistas por natureza e mesmo egoístas, esquecemos cunha rapidez inusitada o que a ruleta da sorte nos destina coas súas decisións máis inmediatas, sorprendentes e incribles.
Pasou unha semana e pico do de Feás. Si, si, iso de "a casa da alegría" e tal. A salvación agónica que por certo algúns cuestionan dende a maior das ignorancias. Resulta que foi todo mentira e que Feás deixouse e nós sacamos billete. Si, puxen eu a nómina, notejode, e deilla aos 3ºs da provincial. En fin, a cousa tampouco merece maiores explicacións. Cada un vai pensar o que quere igual. Feás gañaba 3-1 a falta de 4 " e con 3-3, a 1. 30", tirou un balón ao pao. Eu non ma xogaba, desde logo. Se teño pasta segura e amañada, deixo ir a cousa empatada ou perdendo de pouco. Pero a min paréceme ilóxico porme 3-1 e poder "matar" en calquera contra, en dita situación sería cómico. Polo tanto, deixarse de buscar a "salsa rosa", amigos do nonteñomáisquefacerqueandartocandooscollóns e porse a traballar.
Chagaba a copa pois, tras a irrefutable salvación NO CAMPO. A copa despois das copas. Queríamos a mamá liga e tamén a papá copa, que o ano pasado fóra o noso escaparate, a nosa introducción ao que somos agora. Un equipo coñecido e respectado. Un grupo admirado. Ou non?
Pois mamá dixo que si, pero papá que xa cumplira o ano pasado con creces. Que xa presumira de fillo, exhibindoo ante 2 campións de local (kolor e barreras, compis de batalla poucos meses despois en "provi"), o representante de Xinzo e os cuñadísimos de autonómica. Plantando seu nene na final-four do Paco Paz, entre a mirada sorpresiva da entelequia futsalística de toda a provincia... e parte do estranxeiro.
En fin, que os Escornaboys, flamantes campións da local ourensá, gañaron a penalties. Esos lanzamentos curiosos e fatídicos, que deixaran aos de Barreras Latas chorando en Celanova en Maio do ano pasado e a 3 Cuñados nos Remedios... e sen remedio para o seu asalto como favoritos á copa 08. Pois agora dixeron non, que basta de tocar a chanca, que vaiamos pedir milagres a Lourdes e que deixemos algo para os demais. Que tamén queren alegrías.
Pero para chegar aos penalties houbo 50 minutos antes (corridos) de futsal do bo. De toma e daca. De frenesí. A 3 ao descanso, logo do 1-0 en clara collida de costas de Tapas, 1-1 en contra do mesmo (23 goles e 1 en copa, temporadón do de Vilavidal), e 2-1 noutra "palla" mental nosa en defensa. Parecía que chegaríamos gañando ao descanso, logo de dúas contras culminadas por Carlos (como empezaches a temporada e como acabaches... vaia cambio capi) pero nada. O 10, un pesadelo, puña táboas. Na segunda parte, máis atencións... e 4-3. Euforia local en Coles. Mais o Retiro ten resposta para... case todo. Gele e Aitor daban o 4-5. Parecía definitivo. 3 dobres penalties errados nos últimos minutos. Ahhh. E, nunha falta ban dubidosa, entrou o churro entre Carlos e Reza. Non houbo tempo de mais e a lotería, xa sabedes, tocou un bo premio a os Boys que escornan. Carlos topou co pao e Alonso, o habilidoso xogador do Celanova B, ca gloria. Celebrárono. Parabéns. Pero o gordo da lotería xa tocara 7 días antes. Agora, o Retiro vaise de vacacións. Maratóns e festas por diante. E un sorriso do tamaño dun buzón de correos... Graciñas, destino, por lembrarte de nós.
martes, 28 de abril de 2009
O DESTINO DIXO BASTA / Retirados da copa sen chegar a Maio.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario