lunes, 16 de junio de 2008

C. Bar O Pino-10 Bar O Retiro-2. COLAPSO... FINAL / A última, na frente... e a final quedou aí ao lado

Ao Retiro non lle van as medias tintas, está claro. Tras realizar unha copa asombrosa, deixando atrás a favoritos como o campión de Ourense, o do Carbaliño, o 2º de Xinzo e os favoritísimos Cuñados, xa de autonómica, chegou ao Paco Paz o día do 25 aniversario da Copa Deputación e pegouse o maior dos golpetazos. A dolorosa derrota ten numerosas lecturas, un só titular: que pena acabar así.

A palliza (que, sen pór excusas, a futsal non o é tanto, pois en pouco se pode marcar moito, e máis nesta final four, a tempo parado) foi psicolóxica. Co xogador que marca os tempos arriba (Cabalar) sancionado (e desesperado) e co "capi" Carlos tocado de antes e lesionado na 1º xogada do encontro, a moral veuse abaixo. Os valores que nos fixeran grandes diluíronse. Cero presión, cero defensa, cero intensidade, cero sorte, cero ataque, cero balance, cero cambios... ata cero arbitral. E iso que ata o 3-1, a cousa foi así así. Pero a veteranía dos Américos e Avelinos (4 xustos 5 minutiños antes de xogar, como me sona a cousa) puido co cacao mental azul. Ninguén se botou o equipo ás costas. Miradas perdidas e pases sen rumbo. Baixar os brazos como nunca... e 7-1 no descanso. Incrible.

No intervalo houbo unha especie de conxura para non facer o ridículo. No marcador a cousa quedou parecida, non na actitude. O equipo saiu a morder... e levou paos arbitrais por todas partes. Dobres penaltis ata dicir basta. 10-2 co goles de Tapas (do pouco salvable) e Luis. A saída do Bellegho enchufounos. Pero non foi suficiente. A final quedou para que a quixera ir ver ás bancadas. Por certo, gañou Chupito (que aínda deberían estar dándonos gracias pola eliminación dos 3 cuñados), tras un apurado 3-2 a Feás en semis e un claro 8-2 a Pino na final matutina.

En fin, unha oportunidade histórica que se nos foi. Pero, como nas grandes e estudadas guerras, como nos tempos de Aníbal contra os romanos ou dos 300 das Termópilas contra os persas. Como na fábula de Astérix e Obélix. A poción puxo ao Retiro en órbita. Deulle un nome na provincia. Saquemos peito... ás veces a historia tamén se lembra dos perdedores, dos que se deixan a pel na batalla... aínda que perdan a loita que abre as portas da gloria. Con toda a sinceridade? Alguén se lembrará dos Chupitos o ano que vén? O 2º favorito, que fixo o esperable. Ou do mataxigantes de Ramirás? Do Retiro? Bebemos da copa ata case deixala baleira. De día ... e de noite. A causa era de celebrar. Que carallo.

0 comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet