domingo, 18 de mayo de 2008

Kanal Kolor-5 Retiro-6

KOLOR... DE ROSA / épica retirista na Carballeira

Acábanseme os calificativos. O ocorrido no zulo-pavillón da Carballeira este sábado de Letras e de Raigame adquiriu tintes de histórico. Pensaredes que caio na esaxeración para reclamar a vosa atención. Non vos engañedes. Só quen viu o incrible encontro pode dar constancia dos síntomas: escozor de ollos de tan pouco pestanexar, dor de cabeza de non poder pensar noutra cousa e rascaño na gorxa de tanto berrear. Loucura e a dezaseisavos. A copa da vida, como diría o pánfilo do Riky Martin. Mamá.

Faltaban 20 minutos para comezar o choque. O amigo Bellegho e un servidor, tan panchos en Vilanova, de chiringo en chiringo. "Bueno, Julito, haberá que ir indo" comentei entre a chuvia. Aínda houbo tempo de empurrar no BMW do Sierra que entalara no barro do improvisado parking. Xa vos imaxinades a farta de burradas ao volante cometidas, apresurados e de camiño ao que resultou ser unha destas que non se esquecen. E faltaban 2 minutos para que se acabaran os 10 de prazo que daban os "fenómenos" Robles e Clinaz para pór no papelciño iso de "non presentado equipo visitante". As fichas, que non falan nin teñen alarma nin avisos estilo móbil, na miña mochila. Con estas, os "Kolores" facían rondiños e frotaban as mans. Toca paseo... pensarían. Cheiraba a chamusquina, maquinaba eu.

O partido comezaba pois con Marcos, Luis, Tapas, Carlos e Caba. Os "raigamer's" e colaboradores desta web, cámbiandose e escoitando berros fóra. Un e dous. Un e dous. Dúas veces chiflando, xa vamos perdendo 2 a 0, a que nos vai caer. Nada diso, cando vamos á banqueta pon 0 a 2. Luis e Tapas xa fixeran das súas. Os campións ourensáns non daban crédito. Eu menos. E o resto da 1ª parte foi un sufrimento. O 1 a 2 chegou nun rexeite de Marcos. E o Carlos, cun ollo morado e con tiróns e sobrecargas mil, pedindo o cambio. Saiu este menda a pasear o ritmo cansino habitual. 5 baixo o largueiro... e resulta que nunha contra, a 5 segundos do descanso, Caba puña o 1 a 3. De luxo.

A segunda foi un auténtico inferno. Sobre todo os dez últimos minutos. Porque os 15 primeiros fomos loitando e aproveitamos o punto débil local: o peche e o porteiro. É dicir, o tema de sempre: descuidas a parte de atrás cando queres remontar. Carlos, Caba e Luis non perdoaban e puñan un 2-6 ¿definitivo? Nada, nada. Coa lingua fóra, desfondados, con 5 faltas e sen saber onde meterse, só o reloxo nos salvou da eliminación aos puntos. 5-6 e o Bellegho a salvar o que antes ignorara. Pero o k.o foi noso gracias a saber manexar o encontro e un toque da sempre bendita sorte. No vestiario non se daba nin respirado. Pero a 3ª rolda esta aí e a copa deunos outra alegría. Van 2 de 2 e veremos quen pasa por Celanew. Que veña quen queira. Ao Retiro vaille a marcha... e o Kolor azul esperanza.

1 comentarios:

Bellegho dijo...

Un autentico espectáculo, tiñadelo que haber vivido¡¡¡

"que el crono sha esta corriendo" jajajajaja
"¿quen hostias e ese tipo?"
"non sei pero eu prefiero o Nolito que mete presa doutra maneira"

O dito unhas risas. Grandiosa cronica Germanthu

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet