Napoleón, 15.08.1769 - 05.05.1821Emperador Francés
Ben queridos amigos como todo nesta vida ten un comezo e un final, a nosa liga local aconteceulle o mesmo, e gustaríame despedir este ultimo informe Bellejo, espero que da temporada aínda que algúns desexen que sea o definitivo, cunha cita dun dos filósofos alemás mais celebres do século XIX Arthur Schopenhauer “Moitas veces as cousas non se lle dan o que mais as merece, se non o que as sabe pedir con insistencia”
Tres eran os anos que o play levaba pedindo unha liga en Celanova, na primeira un intratable Londres non deu pe a un play ilusionado, que só puido ser segundo e a anos luz destes, o ano a seguir unha boa fase regular, terminando segundo, fixos metérense nos play off polo titulo, que tras perder a un dos seus pilares na porteria foi eliminado por un Saeta, que sen desmerecerlle a sua victoria apeou a un Play con mais pena que gloria. Parecía que este ano tampouco podía ser o da gloria xa que un Saeta decidido a ganalo todo ese ano deixaron a, por aquelas a constelación neskuiki sen o título celanovés. E como todo nesta vida non hai dous sen tres, este ano sen Londres, Armada invencible e Play off polo título, este era o ano do play todo lle pintaba a favor ala polo mes de outubro que só co paso das xornadas parecía que unha mancha amarela case recen chegada a liga podía amargarlle outra vez o titulo o equipo mancomunado.
Non me gustaría centrarme só no que aconteceu o fin de semana pasado no municipal de Celanova xa que esta liga, o meu entender, xa se cociñou dende o mes de setembro. Reforzos como diría o outro “fora de categoría”, equipos que inda que podían dar guerra non aguantarían as esixencias da liga xornada a xornada, eliminación dos play off, que pa moitos inxustos pero pa min a mellor maneira de decidir quen é o campión dunha fase regular. Só quedaba o mais doado non fallar, que visto agora si parece doado pero non o é. O caso e que a constelación neskuiki co paso das xornadas conxurábase e non ían deixar escapar o título outro ano mais. Pero en todo este cóctel aparece o equipo de Outomuro que xornada a xornada foise afianzando no liderato, ninguén lle vía nada, seguen moitos sen lle ver nada, pero os números hai están (115 goles a favor fronte a 55 en contra, dous partidos perdidos e tan só un maldito empate fronte o Bande que ven puido custar unha liga). E como sempre en todo nesta vida só se mira o primeiro, foron moi poucos os que, por detrás dos de Outomuro se deron conta de que o equipo mancomunado ofrecía se cabe mellores números cos de amarelo (135 goles a favor fronte a 49 en contra, so dous partidos perdidos un fronte a armada invencible e o outro fronte o Bande).
Con isto todo as costas, non era de estrañar que ete equipo, que levaba pedindo un título Celanovés con tanta insistencia anos atrás , se lles fose escapar a semana pasada no pavillón fronte a un case recen chegado, e inda que ningún dos dous equipos fixo mais méritos co outro pa merecer este título, foi o Play quen o soubo pedir con mais insistencia, e por se alguén lle quedaba algunha dubida o sábado tres de maio no pavillón de Celanova fronte a toda a nosa comunidade de futsal demostrouno, varrendo da pista os Calviños, o Peruano (desaparecido en todo momento) o Manolo "manteca" (borrado por un gran Talentino) e o Uniko que me queda por mencionar, un cancerbeiro que seguro lle houbese gustado firmar unha actuación coma a que tubo Luis, pero amigo Bernardo a “grandeza do futsal reside en que se este fin de semana a cagaches, dáche unha nova oportunidade o vindeiro fin de semana para volvela cagar”
2 comentarios:
Bo informe, pero puntualizo. O Play o ano pasado quedou 2º na liga, e no play off perdeu co Saeta.
O Cacheiro non lle costou a liga o empate do Bande, xa que en caso de empate co PLay a puntos este ten mellor gol average, tanto xeral coma particular (11-4).
Este ano no tivemos Play off, simplemente por que somos 3 equipos mais e non había tempo para telo. Un saudo!!! Pablo
Mil disculpas por os errores cometidos no informe bellejo. Subsanado o error espero que este derradeiro informe bellejo sea do agrado de todos
Publicar un comentario