Había unha vez dous irmaos nunha casa. Un gañou a fama a base de traballo e suor, pero nunca foi recoñecido polos pais. Outro foi o máis popular, o máis querido, tamén o máis engreído e máis envexado polo irmao pequeno. Sónavos? É o que pasa co fútbol e o futsal. En termos profesionais, a cousa é ben diferente. As estrelas mediáticas do fútbol están a anos luz das do futsal. Cobran infinidade máis cartos, están nas bocas de todos: nos bares, nas noticias, nos xornais... os rapaces queren ser Cristiano Ronaldo ou Kaká, pero xogan entre eles estilo Orol ou Joan. O problema comparativo vai máis alá. Non hai correlación, é como cando tes un primo carnal con 80 anos e tu tes 17. Un xogador mediocre de primeira división en España pode cobrar fácil 50 ou 60 kilos, nun Almería ou nun Levante (se lle pagan, claro, vaia exemplo puxen co desastroso equipo valenciano) En segunda B podes vivir do fútbol. Ata en preferente (5ª categoría) cobras 400 ou 500 euros e pensas que comes o mundo. En 1ª rexional tes chandal e cuidado, que empatamos no Polígono ou gañamos no Barco. Apurando, mesmo nas catacumbas da 3ª rexional (coñecidas de 1ª man) hai fichaxes con traballos por medio, primas por gañar ou gasofas pagas. Que menos.
E que pasa cos do parqué? Fernandinho, Ricardinho, Paulo Roberto, Daniel, Luis Amado... Non hai clase media. Unha parede separa os elixidos dos miles de xogadores anónimos. Os profesionais tampouco cobran millóns coma terra. A conformarse en Liga Nacional como un de Preferente, esaxerando un pouco.
Onde radica tal diferenza? Xa, ídesme falar de popularidade, de masas, do deporte rei, de que o futbol sala é o fútbol encollido, raquítico. futbito, etc. Bellegho, isto non é unha lambetada ou unha chiscadela cara a túa loita pro-futsal. Sabes que me encanta o fútbol. Véxome 40 partidos seguidos se fai falta. Cada un é un mundo (por certo, tremendo liverpool-arsenal de hoxe), non me canso.
Isto é unha especie de oda ao futsal. Ese descubrimento tan popular, tan de todos. Ese irmán pobre pero digno do fútbol. Xa está ben. Falo de que non é normal estar agarrados a esa fama inxusta e impropia, sobre todo nos nosos arredores. Deberse a un equipo e estar esclavizado. "Se xogas ao futsal o sábado, sancionámoste" Ordia, se cobras 100 ou 200 euros, en canto se che queda?? Ou iso de "menos mal que me chamaches, estaba sopa, non ia vir ao futsal hoxe..."
Falta de compromiso, deixadez, pasotismo? Pensamos que xogar ao fútbol é o único, o máis grande? Asociámolo coa fama e non vemos máis alá dos bigotes? Xa non falo da elite de cada deporte. Falo do sábado tarde que se tercia cada semana nesta nosa zona. Supoño así será en máis lugares. Claro, despois cada un escolle o seu camiño. Non é moi habitual un xogador de 3ª división de futbol e compaxinando futsal de altura (nacional, autonómica) E viceversa. Xa, que o corpo non dá. OK. Que cobro moi ben e paso. Pero que pasa cando nun 80% das ocasións queda o futsal á marxe? É a opción menor, a perdedora. Recorremos a ela no verán, para nos lucir, para mostrar as nosas cualidades "futbolísticas" en campo pequeno. Ou para carallear co balón, que o míster do 105 por 70 non me deixa. Matar o tempo, botar a pachanga nesa liga local de turno con "catro mataos" que non me chegan a un dente... bah. Ou en provincial, contra os cuñaos e o chupito, que é iso? Digocho eu: prepotencia, intolerancia, ignorancia. Que fas cando queres quedar cos colegas? Xuntas 11 contra 11? E se chove? Ou neva? Vas á Peroxa? A Trives? A gañar o que? Inda tes que vender carnés e por o coche. As rifas, bota unha man... E coa bebida. Se tes un negocio, estás dado. Compromiso habemus, que meu fillo xoga en tal ou cal equipo. E cobra 150 euros... pero queda a deber. E balóns pa Gueral (frase mítica en Outomuro cando se indica que mandes os balóns á aldea do lado para perder tempo)
E os da liga local de futsal? Os petardos. Os chancas (Juanma, non vai por ti) Non lle saben dar unha patada a un bote. E que? Significa iso que me has de mirar por riba do ombro? Parvo, carallo.
Señores isto non é unha pataleta contra ninguén. É un comentario en voz alta para con unha situación cando menos discutible. Eu son o primeiro que dei preferencia ao fútbol en certas situacións. Cada un pode facer o que queira. Pero ameazar? Proibir? Coaccionar? Ordia, se non mo proibe meus pais, nin a moza. Nin no traballo, que ESES SI ME PAGAN e me dan o pan a final de mes...
Viva o futsal. O fútbol é outra cousa. O irmán pobre medrou. Rotou, fíxose técnico e táctico. Dinámico, atrevido, cercano. Gañou en emoción. Perdeu en patapum p'adiante. Máis goles. Remontadas. Ceas de equipo. Minimizar a economía, igualdade de dereitos. Ninguén cobra máis ca ninguén. Lírica a colleito. E ti, prioriza o que queiras. Ou pasa do que che saia das narices. Pero non te esquezas, o futsal nunca te abandonará. É o teu amigo fiel, como o can de turno. Liga local, provincial, autonómica. Nacional. Interviu ou Azkar. Emoción sen parar. Liga de empresas o día de mañá. O patio do colexio. Esa pachanga en pleno inverno ao quente e con 50 tacos. Bueno carallo bueno. Como para volverche facer a burla. Non che fallaremos. Nunca no teu nome.
LIGA LOCAL DE CELANOVA. TEN OUTRO SABOR.
martes, 8 de abril de 2008
IRMAOS ENCONTRADOS. futbol vs. futsal
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Plas,Plas,Plas,Plas, Manific, wanderfull.
O que poderias chegar cun 7 no selectivo :-)
Aunque non aludes a ninguen nin a naide espero que mais de un o ler as tuas vervas se dea de conta da realidade ou polo menos abra os olliños
pero tuven un 4,5 e a aguantar delincuentes jejeje. sempre nos quedarán estas cousas. vemonos o xoves en outomuro e venres tikitaka. moitos seguiran sen abrir os ollos, eso xa o sabes hai moito parvo que se debe a nn sei moi ben k
Joderrr Germán!!! que tolo te pos!!! Olvidache decir que eles eran 5, sin ninguén no banquillo!!! Bellejo: PAquete!!!!
Publicar un comentario