martes, 22 de abril de 2008

En Ocasións Vexo Ligas
Nova entrega do informe Bellejo, crédeme e complicado polo menos pa min falar da liga local neste treito final, trémenme os dedos, as perniñas e todo tipo de extremidades solo de pensar que o 3-M dous equipos presumiblemente se van disputar o título de liga, e en ningún dos casos un deles é o Retiro.
Dous equipos que por un lado, como di o noso Presidente – Adestrador - xogador que leva 15 goliños na tempada, se analizamos os datos podemos ver:


Cacheiro- 105 goles a favor 44 en contra, leva sen perder dende o 26 de xaneiro ala pola xornada 13, cedendo só un empate ante o Bande o 16 de febreiro (xornada 16). Polo resto conta todos os seus encontros como vitorias, unhas cun resultados avultados e outras vencendo pola mínima, pero ganando.
Play-119 goles a favor 45 en contra, a ultima vez que se lembran do que é perder ocorreu o 22 de decembro do 2007 fronte o Bande F.S., e tan so cedeu outros tres puntos dous meses antes fronte a Armada invencible o 3 de novembro do 2007.


Amigo German con estes datos creo que calquera das dúas escadas se merece por méritos propios ser o novo campión da temporada 07/08, e en ningún caso ningún dos seus dous predecesores se merece ter nin sequera a opción de disputar o titulo. Os números falan por sí sos.
Claro que con todo este circo non vos esquezades queda un enfrontamento ante P.Valado e Acevedo, que salvo sorpresas maiúsculas e reivindicacións de Laterias, ningún dos dous debería perder os seus respectivos encontros e así poder chegar a ultima xornada do día 3-M para disputarse o todo por o todo.


E indo un pasiño mais ala, dende os diferentes medios de comunicación da liga deixo caer a seguinte proposta para poder vivir unha nova entrega da Copa Mancomunada. Copa que polo de pronto o seu actual campión, o Acevedo F.S., estará encantado de que se poña en xogo a súa coroa. Non podemos deixar perder esta competición, xa que esta copa inda que o ano pasado nacera de forma accidental mentres se dilucidaba quen seria o campión cunhos ply-offs disputadisimos, temos que intentar rescatala. Seria moi bonito xogala o dia das festas do pobo, con todos os equipos de Celanova, e cando digo todos tamén me refiro a os dous equipos que deixan ven alto o nome de Celanova na liga provincial. Un fin de semana onde o futsal seria unha autentica festa, podendo optar por cruces a sorteo con bombo, ou usando o sistema do mundial. Deixo estas ideas no aire pa que se alguén as secunda o faga publico nos diversos medios, xa que custando o que custou arrancar este circo hai 3 anos vamos seguir avanzando e facer da nosa liga a mais fermosa das competicións da provincia.


Pero Claro Primeiro vamos buscar un novo campión e logo xa teremos tempo de barrenar deste e doutros temas.

Hasta acá unha nova entrega do Informe Bellejo. Fai algo pola vida tu tamén.

Liga local de Celanova Ten outro Sabor.

0 comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet