O máis fácil nesta tarde ociosa era coller o 9-1 do retiro ao sprinter do sábado e facer sangue del. Vacilar dos tres goles que meteu un tal cachimán-germán e blablabla. Para o díxome-díxome estades vós. Tu que entras a esta crónica penso que o que queres é información e opinión misturadas ácidamente sobre como vai a liga local. Si señor, e é que isto acábase. Parece que foi onte que comezaba a temporada e mira, só nos quedan dúas tardes de balonciño por diante. 15 días. Non me resisto a ir lanzando o telón... coa mente no 3-M. A copa será outra historia...
Por onde vou comezar senón é polo gran Cacheiro-Play da última xornada. A bendita casualidade déixanos ir xa pensando nesa finalísima. 1 punto separa aos dous equipos punteiros da liga. A regularidade amarela contra o estrelato branco. Aos dous equipos se lles poderá criticar de todo menos que se gañaron a pulso o xogarse a temporada o último día e presumiblemente a última hora. O non vai máis no futsal local desde había anos. Polo medio, Valado e Acebedo non parecen ser obstáculos para os líderes. Só 1 utópica derrota do Play o sábado sentenciaría a cousa. Presumiblemente, nin o empate acebedista incomodaría aos mancomunados, concienciados de que deberán vencer aos de montes outra vez (3-1 na 1ª volta) se queren cantar o alirón. O Cacheiro promete non caer nos mesmos erros. Entre tanto, o esmorecido ambiente das bancadas sabatinas pódese converter nun volcán en erupción. Xa cho avisara. Marca a data en roxo. 3-M.
Por detrás, o Saeta confirmou que non dá para loitar a liga, como xa o fixera hai unhas semanas o Retiro. Foi o incansable equipo de Outomuro o que acabou coas esperanzas de dous equipos que posiblemente deberían ter apretado máis. O bronce de consolación, como se dun mundial se tratase. O 3º e 4º posto sempre vai antes da final. Só que este vindeiro sábado o Saeta pódese permitir perder cos azuis sempre e cando venza ao perigoso Rokevi na última. Empatando ou gañando, será 3º. Para os de Ramirás, o parche de ser 3ºs pasa por derrotar a Saeta e Valado e esperar que Rokevi devolva o que quitou ai atrás. Nada que vaia a ningures... ou si.
5º debería acabar o Sprinter, a pesar dos 18 goles encaixados en 15 días. Rokevi e Onde Queiras para esquecer e para que quede no recordo un meritorio espazo na foto da liga 2008. 1 punto de vantaxe a Bande , tendo este que descansar, parecen argumentos suficientes. Na análise final dos pros e contras
haberá que apuntar que tería sido do equipo dos patrocinios con Berbes, Rubios, Toños, Andreses, Juanpablos, Fernandos ou Carlos acudindo con regularidade. Daba a cousa para ben máis, pero é o conto de sempre. Ter non é o mesmo que dispoñer.
Contando co decaído Bande como 6º (e prometendo nova furia o ano que vén, moito ollo a este equipo), un renacido Rokevi acaba a temporada coma un tiro e ten toda a pinta de ser 7º, nada mal se miramos uns meses atrás. Saeta e Sprinter nas dúas últimas xornadas para reivindicarse. Na metade da táboa, o Acebedo, que tras un apurado triunfo ante Valado, espera rematar o ano post-Bellegho ao grande, reventando a liga contra o Play. Non parece misión fácil cos brancos empuxando a tope. Co Star pecharán a liga os rosas.
A parte baixa lidéraa o Queiras con 25 pts. Unha especie de Espanyol, de estar 3ª a deixarse ir. A temporada non deixa de ser exitosa tralo "farolillo" do ano pasado. Sprinter como colofón. Por detrás chega o Ermida con 22 pts, e Bande e Sanguñedo para acabar. Non parece imposible quitarlle a praza ao Onde e finalizar por todo o alto. Por último, Star, antepenúltimo irremediablemente (fracaso e dos grandes), Sangu e Valado. Só unha machada dos Valados deixaría aos de Verea no último posto. Xa o fixeron o ano pasado, gañando na última xornada. Por que non este? Problema, o Sanguñedo xoga cos que o preceden, en canto os vermellos, co 1º e o 4º.
En fin, apurade os últimos sorbos de liga... e preparádevos para o Cacheiro-Play. 7 meses e medio resumidos nunha hora. Así de simple.
lunes, 21 de abril de 2008
A 15 DIAS DO GRAN DIA. Baralladas a golpe de luns
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario